viernes, 24 de febrero de 2017

ROSALÍA SEMPRE VIVA

Hoxe cúmprense 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro, unha peza importante do Rexurdimento Galego e referende cultural do país.
En homenaxe a ela e tamén a un amigo que decidiu "escapar" da tiranía de internet e do móbil vai este retrato e esta poesía.



ADEUS LÍOS


Adeus IOS,adeus ANDROID,
adeus trebellos pequenos,
adeus VISTA dos meus ollos,
non sei cando nos veremos.

Miña TECLA, miña TECLA,
TECLA coa que m’eu criei,
TECLIÑA que quería tanto,
MENSAXIÑOS que mandei.

FACEBOOCK, TWITTER E WHATSAPP,
modas que move o tempo,
pasatempos viciadores,
que me poñían contento.

WIFI e DATOS MÓVILES,
noites longas no WHATSAPP,
compañías tristes e enfurecidas
por non estar polo que hai que estar.

Palabriñas de solteiras
que me ofrecían diversión,
flirteos no BADOO,
¡adeus, para sempre adeus!

¡Adeus Gloria! ¡Adeus Roberto!
Deixo as REDES onde nacín,
deixo o MÓBIL que aborreso,
por un mundo que perdín.

Deixo estraños por amig@s,
deixo o virtual polo real,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen puidera non deixar!



Xosé Manuel Fdez © 

No hay comentarios: