miércoles, 26 de marzo de 2014

REUTILIZACIÓN NACIONAL POPULAR

Aquí tedes outro claro exemplo de reutilización galega.

De como darlle uso práctico a unha desas antigas cabinas telefónicas que se poñían hai anos no rural. Que tempos aqueles!! O teléfono fixo chegaba á aldea !! Era un teléfono público que se poñía na cantina ou na casa dalgún dos veciñ@s e que se empregaba basicamente para saudar á familia e para as "emerxencias". O responsable do mesmo tiña que avisar dos recados que se deixaban ou achegarse ás casas dos reclamados para avisalos de que a "tal hora" os chamarían de novo. Ter ese teléfono público na túa casa outorgábache certos privilexios no seu uso pero non compensaba moito polo traballo que supoñía ter que avisar aos veciñ@s cada vez que fose necesario.

E mirade hoxe que cambio, o teléfono non serve só para comunicar cousas trascendentes e importantes das nosas vidas... o teléfono é xa un apéndice do noso corpo, unha ferramenta imprescindible de comunicación sen a que moit@s de nós non poderíamos vivir. 

Pois ben, nesta foto podemos comprobar que aquilo que en tempos foi unha cabina telefónica hoxe fai a función de lacena ou estantería onde se poden pousar dous dos complementos imprescindibles de todo galeg@ para un inverno como o que nos tocou este ano...

Viva a reciclaxe !!

No hay comentarios: